Dispoñemos dunha oferta de programacións específicas dirixidas a Educación Infantil, Primaria e Secundaria, que poñemos a disposición dos centros escolares.
Orientado fundamentalmente para alumnado de contornos urbanos, ofrecemos a posibilidade de convivir e experimentar en contacto co mundo rural, ter un achegamento á natureza. Esta formulación motiva e incita ao alumnado para mostrar curiosidade para observar, investigar, e descubrir cousas novas na natureza que lle axudará na súa convivencia diaria.
Constitúe, en suma, un achegamento á vida e cultura do mundo rural baixo a dobre premisa de facilitar o contacto directo coa natureza e transmitir ao alumnado sensibilidade pola conservación e o coidado do medio ambiente.