O CENTRO ACOUGO abre as súas portas ás familias cun amplo programa de campamentos de verán, pensado con mimo e adaptado ás diferentes idades, para que cada neno e nena viva unha experiencia única, inesquecible e chea de aprendizaxes que acompañarán o seu crecemento persoal.
Nun entorno rural privilexiado, en pleno contacto coa natureza, ofrecemos unha vivencia enriquecedora onde descubrir a fauna e a flora convértese nunha aventura compartida. A través do compañeirismo, o xogo en equipo, o deporte, os xogos tradicionais e as excursións polo medio natural, cada día transfórmase nunha nova oportunidade para aprender, gozar e medrar.
Todas as actividades están guiadas polo respecto á natureza e polo valor da convivencia, fomentando vínculos, autonomía e o respecto polos demais nun ambiente seguro e acolledor.
E, como non podía ser doutro xeito… a maxia tamén forma parte da experiencia: veremos duendes, celebraremos olimpíadas, emprenderemos emocionantes buscas do tesouro, coidaremos e alimentaremos os nosos animais… e viviremos moitas máis sorpresas duendicas que farán destes campamentos un recordo inesquecible.
O noso campamento conta cun máximo de 40 prazas, garantindo así unha atención próxima e personalizada para cada participante, cun mínimo de 10 asistentes para a súa realización.
Desenvólvese durante os meses de xullo e agosto, nun entorno natural seguro e acolledor, sempre acompañados por un equipo educativo formado por monitores titulados e con experiencia.
A seguridade é unha prioridade: o recinto conta con peche perimetral e ofrecemos unha atención constante e individualizada. Ademais, dispoñemos de póliza de accidentes e responsabilidade civil para maior tranquilidade das familias.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata completar as prazas dispoñibles. Para información sobre tarifas, consultar directamente co centro (descontos especiais para irmáns, quincenas e meses completos).
O campamento multiactividades ofrece unha ampla variedade de propostas cheas de emoción e diversión: tirolina, tiro con arco, escalada, interacción con animais, equilibrio en slackline, rocódromo, paseos en barca e emocionantes buscas do tesouro, entre moitas outras sorpresas pensadas para facer de cada día unha nova aventura.