Programas Escolares

Dispoñemos dunha oferta de programacións específicas dirixidas a Educación Infantil, Primaria e Secundaria, que poñemos á disposición dos centros escolares.


Orientadas especialmente a alumnado de contornos urbanos, estas actividades ofrecen a oportunidade de convivir e experimentar en contacto directo co medio rural, favorecendo un achegamento real á natureza. Esta proposta esperta a curiosidade do alumnado, animándoo a observar, investigar e descubrir novos aspectos do entorno natural que contribuirán positivamente á súa vida cotiá.


En definitiva, trátase dun achegamento á vida e á cultura do mundo rural, baseado nunha dobre finalidade: facilitar o contacto directo coa natureza e fomentar no alumnado a sensibilidade pola súa conservación e o coidado do medio ambiente.

Mais información e reservas:

  • teléfono +34 663 831 943
  • ou no correo info@acougo.com (Prazas Limitadas)