Ven celebrar o teu aniversario connosco

Fai do aniversario dos teus fillos un día máxico, diferente e inesquecible. No noso centro, en plena natureza, ofrecemos unha experiencia única chea de diversión, aprendizaxe e aventura, sempre acompañados por persoal cualificado.

Contamos con diferentes programas, totalmente adaptables ás vosas preferencias, para crear unha celebración á medida. Deseñamos cada detalle pensando nos máis pequenos, para que vivan un día especial que lembrarán sempre.

Ao longo da xornada, visitaremos os animais, gozaremos de xogos e actividades, faremos unha pausa para repoñer forzas… e remataremos cun final cheo de diversión e ledicia.

Un día completo, sen interrupcións, pensado para desfrutar ao máximo de cada momento.

Tarifas

1.-  Programa de tarde: Estancia de 16:30 a 20:00 h. Inclúe:

  • Merenda e bebida de aniversarios con torta.
  • Programa de actividades
  • Equipo de monitores
  • Seguro de R.C. e accidentes

TARIFA: (A CONSULTAR)

RESERVA XA O teu ANIVERSARIO

Teléfono: +34 663 831 943
E-mail: info@acougo.com

Porque non celebrar o cumpre de mamá e papá connosco. CONSULTAR.