Os domingos no Centro Acougo están deseñados para compartir momentos inesquecibles en familia. Un gran día de diversión, aprendizaxe e aventura, onde adultos e nenos poden gozar xuntos da natureza e do medio rural.
Celebramos as Olimpíadas, asistimos a espectáculos de monicreques, realizamos emocionantes buscas do tesouro e descubrimos os nosos espíritos en liberdade. Ademais, podes degustar deliciosos aperitivos mentres gozas dun tempo único e memorable para os teus fillos.
E, como non podía faltar, tamén espera sorpresas elficas que farán que esta experiencia sexa aínda máis máxica e inimaxinable.
Unha proposta perfecta para crear recordos, fortalecer os lazos familiares e vivir no campo en compañía dos que máis queres.